53 Edición da Pascua Xoven de Arousa 2026

Xa non falta nada para que a fin de semana nos vexamos as caras!

Edición 53 da PASCUA XOVEN AROUSA

Este ano dende o Secretariado decidimos reflexionar sobre o amor, pero un amor polos demais, comezando polos que están máis preto de nós. Un amor que nos afaste do odio, do racismo e da xenofobia a través de accións e de pequenos e grandes detalles da nosa vida cotiá.
O testamento que nos deixou Xesús de Nazaret é claro: debemos amarnos uns aos outros se realmente queremos ser fillos de Deus e irmáns de todos os seres vivos. Así que amemos de palabra, de obra e con todo o noso corazón. AMADE

HORARIO :

Sábado á tarde no colexio filipense teremos PASCUA – K – FE (Os Faladoiros)

3 Comunicacións diferentes, distintas, pero en sintonía e comunión sobre AMOR e o ACOMPAÑAMENTO:

– Equipo de Pastoral Penitenciaria da Diocese de Santiago de Compostela

– Luísa López

   Xornalista, escritora e directora da Axencia López Casanegra
   Foi Responsable e Animadora da Pascua Xoven Arousa

 – María Cendán Castillo
  Cofundadora Asociación BoaNoite

A testemuña desta 53 Pascua Xoven non deixará a ninguén indiferente: Toño Casado virá compartir con nós todo o seu arte, que non é pouco!
Dende xa,moitísimas grazas! A el por querer estar con nós e a quen fai posible que veña!

Non esquezades que, o sábado pola tarde, é un momento de portas abertas. Aquelas persoas ou grupos de parroquias que queiran vir coñecer a Pascua, este é o momento para facelo. Quedades invitados!

O sábado á noite celebraremos a Eucaristía nun ambiente festivo e xuvenil na nosa parroquia, moi participativa e musical, onde a batería e as guitarras eléctricas e acústicas xunto coas letras de hoxe, fan sentirnos que nós tamén somos igrexa. Este ano será presidida polo arcebispo Mons. Fco. José Prieto Fernández.

 

E sen máis, recibide unha gran aperta do Secretariado.

Imaxes da 53 edición da Pascua Xoven Arousa

PascuaXovenArousa_2026_001

Image 1 De 195