Concerto solidario a favor de Cáritas

O sábado 21 de marzo ás 20:00h, no Salón García de Vilagarcía de Arousa, o grupo de música da Pascua Xoven, “Xentes daquí e dacolá”, ofrecerá un concerto solidario a favor de Cáritas Interparroquial de Arousa.

Trátase dunha oportunidade única para gozar da música e, ao mesmo tempo, colaborar cunha boa causa. O prezo da entrada é de 10 €, unha cantidade módica e accesible para todos os petos.

As entradas estarán á venda na nosa parroquia e tamén en Cáritas. Animádevos a conseguilas canto antes… que voan!

Se non podes asistir, tamén podes colaborar a través da fila 0.

Grazas de corazón pola vosa solidariedade e colaboración!