VI CARTA:
28 de marzo de 2026
Neste sábado, previo ao comezo da Semana Santa, xuntámonos na Xunqueira os grupos de Fondo Sur, Santa María de Pontevedra, Ceibes, Xunq-Font, Golfiños, Aldao e Manuel Cachaldora. Enviaron a súa desculpa e sentiron moito non poder estar con nós nesta ocasión Gloria (de Xunq-Font e da coordinadora), o grupo de Bergondo e Javier García (Delegado Episcopal de Infancia e Xuventude)
V CARTA:
21 de febreiro de 2026
Saúdos a todo o grupo!
Xa estamos no camiño da Coresma! Coa sensación de que o tempo pasa axiña, xuntámonos os grupos de Bergondo, Ceibes, Fondo Sur, Golfiños, os Músicos, Xunq-Font, Aldao e Manuel Cachaldora. Acollemos con ledicia á madre Cristina, da comunidade das Filipenses de Vilagarcía, que será a responsable deste novo grupo. Sentiu moito non poder acompañarnos nesta ocasión Bea, dos Músicos.
IV CARTA:
31 de xaneiro de 2026
Saúdos a todo o grupo!
Na primeira xuntanza do secretariado da Pascua Xoven neste ano 2026 reunímonos na Xunqueira os grupos de Santa María de Pontevedra, Golfiños,
Xung-Font, os Músicos, Aldao e Manuel Cachaldora. Tamén demos a benvida a Álex, de Bergondo, que está traballando arreo cun grupo de mozas e mozos de por aló, para que tamén poidan participar no encontro da Pascua Xoven de Arousa.
III CARTA:
29 de novembro de 2025
Saúdos a todo o grupo!
Ás portas do novo ano litúrxico, que comeza co tempo do Advento, reunímonos en Armenteira os grupos de Xunq-Font, Fondo Sur, Golfiños, os Músicos e Manuel Cachaldora. Aldao sentiu moito non poder acompañar e celebrar con nós este día de convivencia do secretariado da
Pascua Xoven.
II CARTA:
25 de outubro de 2025
Saúdos a todo o grupo!
Coa resaca da celebración dos 60 anos de cura de don José Aldao, xuntámonos na Xunqueira os grupos de Fondo Sur, Golfiños, Xunq-Font e Manuel Cachaldora.
Sentiou non poder acompañarnos Santa María de Pontevedra, Aldao e os Músicos, que estiveron traballando arreo, preparando cousiñas que pronto nos contarán…
I CARTA:
27 de setembro de 2025
Saúdos a todo o grupo!
A xuntanza do mes de setembro, a primeira do curso pastoral para o secretariado da Pascua Xoven de Arousa, é unha mestura de abrazos, sorrisos e curiosidade. Aínda que non é o máis relevante, hoxe escollemos o tema que nos vai acompañar ao longo de todo o ano, pero non esquezamos que, o máis importante sempre é dende QUEN traballamos esa temática: Xesúscristo, o Señor…

