Colexio San Francisco. 100 anos de historia

A nosa parroquia alégrase destes 100 anos de vida do colexio San Francisco de Vilagarcía de Arousa, un dos 24 centros pertenecentes á Fundación Educativa Franciscanas Ana Mogas.

O pasado luns o noso párroco estivo presente no Auditorio onde vivimos unha emotiva gala presentada por Sara Meijide, coa actuación da orquesta de pulso e púa Arousa, e na que algunhas das autoridades presentes, o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, o alcalde, Alberto Varela, o presidente da Deputación, Luis López e o arcebispo de Santiago de Compostela, D. Francisco José Prieto Fernández, tiveron palabras de agradecemento e ánimo para que o colexio siga desenvolvendo o seu labor moitos anos máis.

  
A presidenta do patronato, Guadalupe Labrador, o director da Fundación, Juan Joaquín Almirón e a directora do colexio, Berta Isorna fixeron os discursos institucionais con referencias ao PASADO, PRESENTE e FUTURO e con emotivas palabras de agradecemento, ás que dende aquí nos queremos unir, a todo o claustro de profesores, PAS, familias e por suposto ás irmás relixiosas franciscanas.


Parabéns por todos este anos de traballo, compromiso e misión compartida pola educación da rapazada da nosa cidade.