Grazas polas festas patronais 2012

Esperamos que xa descansárades despois destes 3 días de festas: da actuación de teatro, das alboradas e bailes, da verbena, das celebracións e procesións, das marabillosas e bonitas alfombras florais.
Queremos dar as grazas a todas as persoas, entidades e empresas que colaboraron para poder realizar estas festas.
E sobre todo, moitísimas grazas á comisión de festas polo seu traballo incansable ao longo de todos estes meses.

GRAZAS A TOD@S!

Podedes ver xa as 2 novas galerías de imaxes das Festas patronais e das Alfombras florais deste ano 2012: