Evanxeo do domingo 12-12-2010

Evanxeo do domingo 12 de nadal de 2010:

{edocs}/archivos/2010/Advento_3_Identidade_polas_obras_12-12-10_A.pps,400,310{/edocs}

Cáritas de Arousa iniciou unha campaña de recollida de alimentos. Informáte na Sacristía.

Iniciamos o 2º Concurso de Beléns. este ano os beléns deberan ter o logotipo de Cáritas. En breve daremos máis información.

A pasada semana tivemos as VII Xornadas de fe-cultura xa podedes ver algunhas imaxes na galería. 

Mañá, venres 10 de nadal ás 20:30h. terá lugar a reunión da Asociación Cultural “A Nosa Señora da Xunqueira”.

O sábado 11 de nadal será o retiro dos Catequistas na Armenteira.

O domingo 12 de nadal terá lugar no Auditorio de Vilagarcía de Arousa ás 19:00h. o festival de Panxoliñas que todos os anos organiza Cáritas interparroquial de Arousa.

Nesta XIII edición participarán un total de quince grupos entre os que están a coral Santa Eulalia e Xunqueira, o coro das 10:30h. e o grupo Airiños.

O xoves 16 de nadal Reunión do Consello Pastoral ás 20:30h.

O venres, día 17 de nadal, teremos a gran festa dos maiores coa actuación musical dunha orquestra e fin de festa con chocolate e rosca.
Ven a bailar e a desfrutar a partir das 17:00h. no Obradoiro cultural.

O sábado 18 de nadal será o Festival de Nadal da Catequese no Obradoiro Cultural ás 16:30h. Non faltes. Agárdate unha sorpresa!