Chegou o verán

Chegou o verán e celebrámolo coa Festa da Música. Podedes ver as imaxes na galería.

O pasado domingo despedimos o curso coa excursión da catequese por terras e aguas de Noia e Muros.
Recordámosvos que ao rematar a catequese a misa dos domingos será ás 12:30h.
A catequese voltará ao inicio do curso 2010-2011 a última fin de semana de setembro (26-09-2010).

Este sábado farán a Confirmación os mozos e adultos que se prepararon na parroquia, nunha celebración que presidira o Sr. Vicario ás 20:30h.
Estades tod@s invitados.

Aínda nos queda o Campamento parroquial do verán, todos aqueles que aínda non tedes as rifas, podedes recollelas na sacristía.
O venres 2 de xullo ás 21:00h. reunión para preparar o Campamento parroquial.

Tod@s aqueles que teñades que falar co noso párroco ou necesitedes algún documento, tende en conta que no verán está no campamento parroquial e tamén asiste como Consiliario Xeral dos Scouts de Galicia a varios campamentos por terras españolas.
Trata de poñerte en contacto con nós canto antes. Moitas grazas.

Bo verán e recordade que a parroquia non pecha por vacacións.