Airiños e Real Basílica Sta. María

Este sábado 26 de decembro, devolvéronnos a visita os fregueses da Real Basílica de Santa María de Pontevedra, acompañados do seu párroco, don Jaime Vaamonde, fundador da nosa parroquia. Ao longo da tarde, coñeceron as nosas instalacións e participaron na misa das 19h. Esta misa estivo adicada os falecidos do coñecido grupo “Airiños”, que hai corenta anos se formou grazas a don Jaime e á participación de moitos mozos da nosa zona. Nos dez anos que estivo activo, pasaron polo grupo máis de oitocentos nenos e mozos, que cos seus cantos, foron un referente da nosa cidade chegando a actuar ante o Papa.

Tras a celebración relixiosa, todos acudimos ao Auditorio de Vilagarcía á presentación do libro “Airiños, a música xoven da ría de Arousa”, de Teófilo edicións, e desfrutamos volvendo a escoitar as voces dos que formaron parte de “Airiños”. 

Podedes ver algunhas imaxes desa gran tarde na galería.