"Non podemos quedarnos enclaustrados na parroquia, na nosa comunidade, cando tantas persoas están esperando o Evanxeo"  Papa Francisco.

Contacto

 

Grupo folclórico "A Nosa Señora da Xunqueira"

Presidenta: Ana Abuín
Teléfono: 686 76 75 76
Correo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

ENSAIOS (Obradoiro Cultural):
Sábados de 19:30h. ata 21:00h.

estandarteatras

Localización:

Curriculum

 

Na actualidade o grupo está formado por unhas 40 personas de idades comprendidas entre os 4 e os 60 anos, e repartidas en tres subgrupos, reunidos por idades.

    As actuacións das que foi partícipe a agrupación repártense por toda a comunidade, dende celebracións de festas patronais, participacións en festivais musicais, amenizando as procesións, ademais de outras diversas celebracións coma bodas ou despedidas de buques-cruceiros .

   Tamén colabora en festivais benéficos organizados por asociacións sen ánimo de lucro, festivais folclóricos ou festivais celebrados en centros culturais.

    Ademais destas actuacións citadas con anterioridade, o grupo acode en representación do concello, a cidades como Santa Eulária des Riu en Ibiza, ou tamén a mostras do viño ou gastronómicas,  a eventos de interese turístico internacional, coma a Romaría Vikinga, en Catoira ou as festas de San Roque en Vilagarcía de Arousa e tamén en recepción oficiais como á dos campións do mundo 2009 de vela en clase platú ou no open nacional snipe 2011.

recepcioncampionsdomundo

    A continuación pasamos a falar do repertorio musical e de bailes que podemos ver e escoitar nunha actuación deste grupo. Facendo referencia ó repertorio musical, o grupo interpreta tódolos tipos de pezas musicais propias da nosa cultura: xotas, muiñeiras, pasodobres, polcas, foliadas, mazurcas ... etc. En canto á escolma de bailes, represéntanse diferentes muiñeiras, xotas e demais bailes, escollendo os puntos máis enxebres da nosa comunidade. Ademais destas pezas musicais e dos bailes, os membros do grupo acompañan coas súas voces as pezas musicais máis coñecidas pólo público, facéndoo partícipe da festa.

   Dende hai varios anos, os mestres encargados desta agrupación son Carmela e Jose, que levan os grupos de baile e gaita, respectivamente, e ós que adican parte do seu tempo de lecer, incluíndo días festivos e fins de semana

irene560
 
 
Video: Actuación en Ibiza 2008

Historia do grupo

 O Grupo “A Nosa Señora da Xunqueira” nace como agrupación folclórica arredor do ano 1984 da man da “Madre Otilia”, unha monxa que sentía inquedanza pola música e o baile tradicional galego. O Grupo intégrase na parroquia da “Nosa Señora da Xunqueira”, comenzando cun grupo de 50 nenos e nenas de entre 8 e 17 anos. O número de integrantes varía de ano en ano, pois danse altas e baixas ó comenzo de cada tempada.

ibiza

 

No ano 1995, únese á agrupación, un grupo de mulleres de entre 30 e 60 anos ó que se lle chama agarimosamente “Grupo das mamás”, xa que varias das súas compoñentes teñen fillos dentro da agrupación.

 
madres

 

Algunhas das finalidades principais desta agrupación folclórica son: coñecela cultura popular, recuperala e espallala, ademais de agasallar á xente da parroquia e de fora dela, cun día festivo, cheo de ledicia, no marco dunha amizade, convivencia e cooperación.
           

O traballo que está a desenvolver este grupo non é a nivel profesional, podemos dicir, que o noso obxectivo é que tódolos compoñentes participen nel facendo o que lles gusta, bailando, tocando e cantando sen condicións de discriminación.

irene560

 

Actuacións

As actuacións das que foi partícipe a agrupación repártense por toda a comunidade, dende celebracións de festas patronais, participacións en festivais musicais, amenizando as procesións, ademais de outras diversas celebracións coma bodas ou despedidas de buques-cruceiros.

Aqui os deixamos algunhas das nosas actuacións.

 

- Actuacións 2017

21 de xuño Festa da Música (Vilagarcía de Arousa).
- 27 e 28 de maio Festas Patronais da Parroquia.
- 19 de maio Festas de Santa Rita (Vilagarcía de Arousa)
- 6 de maio Serán dos Maios en Cuntis.
- 1 de abril Bar Abalos
(Vilagarcía de Arousa)

- Varios Seráns

 

- Actuacións 2016

- 21 de novembro Magosto Parroquial
- 6 nvembro VII Foliada Solidaia
- 5 de novembro Seran en Couso (A Estrada)
- 15 outubro Serán en San Miguel de Deiro (Vilanova de Arousa)
- 8 de outubro I Seran Xunqueira
- 17 de agosto Festas de San Roque en Vilagarcía
- 30 de xullo en Cornazo.
- 25 de xuño Boda Breo e María
21 de xuño Festa da Música (Vilagarcía de Arousa).
- 28 e 29 de maio Festas Patronais da Parroquia.
- 2 de abril en Vilagarcía na Praza da Peixería en colaboración coa asociación BATA

- Actuacións 2015

- 31 de outubro III Serán / Magosto de Carcacía
- 17 de outubro Serán de San Miguel.
- 14 de agosto Festas de San Roque en Vilagarcía de Arousa.
- 21 de xuño Festa da Música (Vilagarcía de Arousa).
- 30 e 31 de maio Festas Patronais da Parroquia.
- 8 de marzo I Festival Cantareiras Bulideiras

- Actuacións 2014

- 26 de outubro V Foliada solidaria na Baldosa (Vilagarcía de Arousa)
- 12 de setembro 30 ANIVERSARIO do Grupo Folclórico na parroquia.
- 23 de agosto
nas festas de San Roque en Vilagarcía de Arousa.
- 21 de xuño Festa da Música (Vilagarcía de Arousa).
- 30 de maio e 1 de xuño Festas Patronais da Parroquia.

- 24 de maio Festas de Santa Rita en Vilagarcía de Arousa
.

- Actuacións 2013

- 23 de novembro Magosto Parroquial
- 27 de outubro na IV Foliada Lembranza
- 11  de agosto nas festas de San Roque en Vilagarcía de Arousa.

- 21 de xuño na Festa da Música en Vilagarcía de Arousa.
- 3  de febrero no Auditorio de Ribadumia.

- Actuacións 2012

- 24 de novembro Magosto Parroquial
- 10 de novembro Foliada en Bamio
- 28 de outubro na III Foliada Lembranza
- 19  de agosto nas festas de San Roque en Vilagarcía de Arousa.

- 18  de agosto nas festas de San Roque en Vilagarcía de Arousa.
- 21 de xuño na Festa da Música en Vilagarcía de Arousa.

- Actuacións 2011

- 19 de novembro Magosto parroquial
- II Foliada Lembranza en vilagarcía de Arosua
- 27 de agosto II Rally Galicia Chapter "Ría de Arousa 2011" no Pazo de Rubiáns (Vilagarcía de Arousa).
- 21 de agosto na Festa dos Maiores en Ribadumia.
- 15 de agosto na Homenaxe a Garafete en Barrantes.
- 14  de agosto nas festas de San Roque en Vilagarcía de Arousa.
- 13 de agosto na Festa do Pan en Ribadumia.
- 2 de xullo nas festas de San Pedro en Corón (Vilanova de Arousa).
- 21 de xuño na Festa da Música en Vilagarcía de Arousa.
- 28 e 29 de maio nas festas de "A Nosa Señora da Xunqueira" (Vilagarcía de Arousa).
- 15 de maio na saída do Buque "Astor" no Porto de Vilagarcía de Arousa.
- 5 de marzo, o grupo e Gaitas, no Porto de Vilagarcía de Arousa na regata 'Open Nacional de Snipe 2011 ' no peirao de Pasaxeiros.
- 4 de marzo no Porto de Vilagarcía de Arousa na regata 'Open Nacional de Snipe 2011 ' no Centro de tecnificación galego de vela.

 - Actuacións 2010

- 29 de nadal na visita da Cruz dos Xóvenes á parroquia.
- 12 de setembro nas festas da Pastoriza en Vilanova de Arousa.
- 5 de setembro na "I Foliada Lembranza" en Vilagarcía de Arousa.
- 14 de agosto en "Albarousa" en Vilagarcía de Arousa.
- 11 de xullo na parroquia de Cea (Vilagarcía de Arousa).
- 4 de xullo na parroquia de Cea (Vilagarcía de Arousa).

- 26 de xuño alborada en Corón (Vilanova de Arousa).
- 21 de xuño na Festa da Música na parroquia "A Nosa Señora da Xunqueira" (Vilagarcía de Arousa).
- 29 e 30 de maio nas festas de "A Nosa Señora da Xunqueira" (Vilagarcía de Arousa).
- 25 de abril na residencia "Valle-Inclán" en Vilanova de Arousa.
- 20 de marzo nas festas de San José na parroquia de Cea (Vilagarcía de Arousa).

 - Actuacións 2009

- O 21 de novembro no Magosto parroquial no obradoiro da Xunqueira.
- 5 de outubro na recepción aos campións do mundo da clase Platú no Porto de Vilagarcía de Arousa.
- 27 de setembro nas festas de San Miguel en Trabanca Badiña.
- 13 de setembro nas festas da Pastoriza en Vilanova de Arousa.
- 30 de agosto na saída do cruceiro "Princess Daphne" no porto de Vilagarcía de Arousa.
- 29 de agosto festa do "Porquiño á brasa" en Amil - Moraña.
- 23 de agosto desfile de carrozas en Vilagarcía de Arousa.
- 22 de agosto Festas de San Roque en Vilagarcía de Arousa.
- 14 de agosto en "Albarousa" en Vilagarcía de Arousa.
- 2 de agosto na Festa de Interés Turístico Internacional "Romaría Vikinga" en Catoira.
- 4 de xullo no "Jubileo de los músicos" na parroquia de Santa María a Maior (Pontevedra).
- 28 de xuño en Verducido (Pontevedra).
- 27 de xuño en Corón (Vilanova de Arousa).
- 30 e 31 de maio nas festas de "A Nosa Señora da Xunqueira" (Vilagarcía de Arousa).
- 17 de xaneiro na residencia "Valle-Inclán" en Vilanova de Arousa.

- Actuacións 2008

- 22 de novembro "XXV Aniversario do grupo Mocidade" da Torre no auditorio de Vilagarcía.
- 15 de novembro no Magosto parroquial no obradoiro da Xunqueira.
- 14 de setembro en Vilanova de Arousa.
- Do 5 ao 8 de setembro en Santa Eulària des Riu (Ibiza).
- 17 de agosto nas festas de San Roque en Vilagarcía de Arousa.
- 16 de agosto en "Albarousa" en Vilagarcía de Arousa.
- 3 de agosto na "Vikinga" en Catoira.
- 20 de xullo no festival de baile de Cornazo (Vilagarcía de Arousa).
- 24 e 25 de maio nas festas de "A Nosa Señora da Xunqueira" (Vilagarcía de Arousa).

Video: Actuación en Ibiza 2008  Baile: Xota
- 28 e 29 de maio nas festas de "A Nosa Señora da Xunqueira" (Vilagarcía de Arousa).