"Non podemos quedarnos enclaustrados na parroquia, na nosa comunidade, cando tantas persoas están esperando o Evanxeo"  Papa Francisco.

Próxima Pascua Xoven Arousa

No Calendar Events Found or Calendar not set to Public.

Pascua Xoven Novas (57)

XLV Pascua Xoven Arousa: ESCÓITAME!

Esta fin de semana, 13, 14 e 15 de abril, celebraremos a 45 edición da Pascua Xoven Arousa. Esperámosvos!

O lema desta edición é: ESCÓITAME!

O sábado 22 á tardiña teremos os Faladoiros:

- La DUENDENETA. Coa música a todas partes... A bailar, a cantar e a gozar.
                   Humberto

- A RA. Música e voces para mover o noso mundo. Canta comigo e conto contigo.
                   Sergio (Antigo Pascueiro)

- ESCÓITAME: Cantando a Deus con encanto, desde dentro e con toda a alma.
                  Lidia e Jorge (Past. Xuventude)

E despois o testemuño que dará Migueli.

Ás 23:30h. faremos o Camiño de Emaús e deseguido a eucaristía, concelebrada polos sacerdotes da zona e dos grupos participantes, na Xunqueira.

Cartel Pascua Xoven 2018

A XLV Pascua Xoven Arousa xa ten cartel!

O secretariado xa seleccionou o cartel da Pascua Xoven de Arousa na súa cuadraxésimo quinta edición que se celebrará co colexio Filipense de Vilagarcía de Arousa os días 13, 14 e 15 de abril de 2018.

Cartel Pascua Xoven 2018


Este curso 2017-18  é moi especial para todos os pascueiros porque chegamos á edición número 45.

Eliximos nesta ocasión como tema a Música, co lema "ESCÓITAME". O Secretariado, formado por todos os Responsables dos Grupos da nosa diocese, pon en valor con esta elección, un dos sinais da nosa identidade e acción pastoral.

Que sería da Pascua Xoven sen a música? Música rebelde, música de protesta, música alternativa, música litúrxica, música de compromiso e o máis importante: Que sería de nós sen a mensaxe de Xesús? A auténtica música para os nosas vidas e proxectos.

Bo traballo coas Fases e a escoitar boa música. ESCÓITAME!

Ven e disfrutarás!

XLIV Pascua Xoven Arousa: e ti... de quen vés sendo?

Esta fin de semana, 21, 22 e 23 de abril, celebraremos a 44 edición da Pascua Xoven Arousa. Esperámosvos!

O lema desta edición é: e ti... de quen vés sendo?

O sábado 22 á tardiña teremos os Faladoiros:

- Conectados, enredados….. ¿Cómo, por qué e para qué estar no “mundo virtual” ?
                   Ricardo Sanjurjo (Pascueiro, cura e teólogo)

- Conectados, enraizados….. Comunicándonos coas persoas con pérdida auditiva. Óesme ? Estás ahí ?
                   María Jesús Monteverde (Intérprete)

- Conectados, reinsertados….. O Proxecto ARROUPA, outra manerira de facer e de estar neste mundo global.
                  Belén Rodríguez (Psicóloga e técnica de insercción)

E despois o testemuño que darán Luis Guitarra e Carmen Sara baixo o título: "Relatos y canciones para despertar el alma".

Ás 23:00h. faremos o Camiño de Emaús e deseguido a eucaristía, concelebrada polos sacerdotes da zona e dos grupos participantes, na Xunqueira.

Cartel Pascua 2017

A XLIV Pascua Xoven Arousa xa ten cartel!

O secretariado xa seleccionou o cartel da Pascua Xoven de Arousa na súa cuadraxésimo cuarta edición.

Cartel Pascua 2017


Xa temos cartel-slogan e 44 anos de existencia, casi nada!
Este ano achegámonos ao mundo virtual e as ditosas redes sociais para comprender as súas fortalezas e debilidades con espírito construtivo, rebelde e xuvenil.
Somos o que somos na rúa, no instituto, na parroquia e tamén na rede. Por certo e ti... de quen vés sendo?
Ven e disfrutarás!

Suscribirse a este canal RSS