Advento 2023

O pasado domingo comenzou o Advento, un tempo de preparación e oración para chegar coas pilas cargadas ao Nadal, e estar espertos e atentos ao Nacemento de Xesús.

Datas de interese:

  • Venres 8 de decembro eucaristía da Inmaculada ás 12:30h. na Xunqueira. Antes, ás 11:30h. en Cornazo.
  • O Concurso de Beléns, anótate antes do 21 de decembro.
    Para participar só tes que : Colocar no teu belén un debuxo ou palabra que simbolice a Paz, sacalle unha foto e enviárnola cós teus datos ao noso correo
  • O sábado 16 de decembro celebraremos o Festival de Nadal da Catequese.
  • Domingo 17 de decembro teremos a Luz da Paz de Belén nas misas de 10:30h. e 12:30h.
  • Temos á venda a Lotería de Nadal da parroquia.