"Non podemos quedarnos enclaustrados na parroquia, na nosa comunidade, cando tantas persoas están esperando o Evanxeo"  Papa Francisco.

Catequese 2020/2021 Destacado

O prazo de inscrición para o curso catequético 2020/2021 será do 20 de setembro ata o 12 de outubro.

A misa de catequese dos domingos ás 10:30h. comezará o domingo 25 de outubro de forma escalonada, dando prioridade aos cursos que están a preparar a Primeira Comuñón.

Podes descargar a inscrición-matrícula para a catequese parroquial  e entregala ás catequistas na sacristía.
Os pais dos rapaces que comecen este ano por primeira vez a catequese na nosa parroquia deberán falar previamente co párroco os venres ou sábados de 20:00h a 21:00h. no despacho.

As celebracións relixiosas e a Catequese faranse, sempre, cumprindo coas instrucións das autoridades sanitarias e eclesiásticas para o control da epidemia do COVID-19.
Moitas grazas a todos pola vosa colaboración, sensatez e prudencia.

 

 

Modificado por última vez enViernes, 25 Septiembre 2020 16:48
volver arriba