"Non podemos quedarnos enclaustrados na parroquia, na nosa comunidade, cando tantas persoas están esperando o Evanxeo"  Papa Francisco.

Evanxeo do domingo 12-06-2016 Destacado

Evanxeo do domingo 12 de xuño de 2016

Loading...


Parroquia:

- Un grupo de 50 fregueses portugueses da diocese de Santarem, co seu párroco o Padre Vicente, peregrinaron a Compostela esta fin de semana. Na volta, foron acollidos na nosa parroquia e celebraron a eucaristía con nós no O Pousadoiro, na romería de San Antonio.

Pousadoiro 2016 005
Despois un xantar copioso na carpa e boa música que fixo a delicia dos portugueses.
Son das mesmas parroquias onde os seus mozos participaron este ano na Pascua Xoven.
Podedes ver algunhas imaxes na galería.

 

- Este sábado 11 de xuño celebraremos ás 18:30h. a segunda quenda das Primeiras Comuñóns.

- A pasada fin de semana,os diás 27, 28 e 29 de maio, estivemos de festa! Podedes ver algunhas imaxes na galería:

     - Festas patronais 2016.

     - Alfombras florais 2016.
 
  Grazas a tofdos pola vosa colaboración e en especial a Comisión polo seu bo facer.

- O vindeiro sábado 18 de xuño teremos ás 21:30h. reunión do grupo Sinodal.

 Festa da música:

- Coma todos os anos, o 21 de xuño, celebraremos polas rúas de Vilagarcía de Arousa a Festa da Música.
  Se queres participar ponte en contacto con nós.

Modificado por última vez enLunes, 13 Junio 2016 06:15
volver arriba