"Non podemos quedarnos enclaustrados na parroquia, na nosa comunidade, cando tantas persoas están esperando o Evanxeo"  Papa Francisco.

Evanxeo do IV domingo de Advento 20-12-2015 Destacado

Evanxeo do IV domingo de Advento 20 de decembro de 2015

Loading...

Parroquia:

- Xa está á venda a lotería de Nadal da parroquia.

Loteria Nadal 2015

Pásate pola sacristía!

-Podedes ver o enlace do histórico e solemne acto na parroquia: a Profesión perpetua da irmá filipense Silvia Martínez Palacín.

profesion perpetua smp 01 20151210 1854944993

- Dende Cáritas diocesana, e dentro dos actos conmemorativos das vodas de ouro desta institucion, homenaxearon as nosas Voluntarias de Cáritas Xunqueira mais veteranas: Marisa Manteca Fernández e Marisol Fernández García.

  Foi na Casa de San Cibrán e achegouse para tal acto Anuncio Mouriño o director diocesano.

caritas xunqueira 

  Noraboa e graciñas a estas duas Xunqueiranas

- Este sábado 19 de decembro ás 16:30h. Festival de Nadal coas panxoliñas e representacións dos rapaces da catequese.

- O domingo 20 de decembro a Luz da Paz de Belén alumeará na nosa parroquia.

Luz paz belen 2015
 Trae a túa vela, o domingo 20 ás 10:30h. ou ás 12:30h, e alumea con esta luz o teu fogar no Nadal.

- Para participar no 7º Concurso de Beléns só precisas enviar unha foto do teu belén na que apareza unha foto ou un debuxo de San Francisco á nosa dirección: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Lembra poñer no correo o teu nome e o curso da catequese así coma tamén o nome da túa catequista.

7 concurso belens 2015
Tes de prazo ata o luns día 21 de Nadal de 2015.  Esperamos o teu belén!

- O venres 25 de decembro celebraremos a misa de Nadal ás 12:30h. e o venres 1 de xaneiro a misa de Aninovo ás 12:00h.

Asociación cultural:

- Este venres 18 de decembro a partires das 17:30h. Festa dos maiores amenizada con músca e chocolatada.

Modificado por última vez enJueves, 17 Diciembre 2015 09:46
volver arriba