×

Advertencia

JUser: :_load: No se ha podido cargar al usuario con 'ID': 944

"Non podemos quedarnos enclaustrados na parroquia, na nosa comunidade, cando tantas persoas están esperando o Evanxeo"  Papa Francisco.

Comenzo da Coresma

O Mércores de Cinza comeza a Coresma:

  • Tempo de CONVERSIÓN a Deus, de cambiar o espírito e o corazón para recuperar a identidade de ser bos cristiáns e mellores amigos de Xesús.
  • Tempo de CORENTA días de preparación, persoal e colectiva, para celebrar ben a Pascua,, a Resurrección de Xesús.
  • Tempo de COMPROMISO, de recibir por primeira vez ou renovar o bautismo, para levar unha vida ligados a Xesús de Nazaret.
  • Tempo de RECONCILIACIÓN con Deus, de facer as paces con El e cos irmáns; de perdoar e deixarse perdoar. Deus é Pai misericordioso que nos ama sen límites.
  • Tempo de DESERTO, de encontrarse con un mesmo e con Deus en solidade, en aillamento, sen obstáculos que nos distraian.
  • Tempo de CAMIÑO para revisarse e asegurarse de que debemos mellorar a nosa vida cristiá.
  • Tempo de ORACIÓN, de apertura a Deus para escoitar con atención a súa Palabra, tempo para rezar máis e mellor, para participar máis activa e frecuentemente na Eucaristía.

Como dixo o Papa Benedicto XVI na súa mensaxe para a Coresma, debemos ter unha actitude de acollida e atención cara aos irmáns, intensificando durante a Coresma a práctica do xaxún persoal e comunitario, coidando asimesmo a escoita da Palabra de Deus, a oración e a esmola. Ese foi dende as súas orixes, o estilo da comunidade cristiá.

 
Modificado por última vez enViernes, 31 Enero 2014 08:55

Strict Standards: Only variables should be assigned by reference in /web/htdocs/www.axunqueira.com/home/templates/gk_publisher/html/com_k2/templates/default/item.php on line 474
volver arriba