×

Advertencia

JUser: :_load: No se ha podido cargar al usuario con 'ID': 944

"Non podemos quedarnos enclaustrados na parroquia, na nosa comunidade, cando tantas persoas están esperando o Evanxeo"  Papa Francisco.

Parroquia novas (635)

II Domingo de Advento

Neste II domingo de Advento recordámosvos que xa está en marcha a "Operación Quilo" para axudar aos máis necesitados da parroquia.
Podedes colaborar traendo as vosas bolsas con alimentos á sacristía para así facer que todos poidamos pasar unhas boas festas. Grazas de antemán.

Deixámosvos aquí o Evanxeo do II domingo de Advento

{slideshare}[slideshare id=2633099&doc=adventoii-091202100137-phpapp02]{/slideshare}

Recorda que aínda podes participar no I Concurso de beléns.

Leer más ...

I Concurso de beléns

Xa están próximas as datas de Nadal e xa cedo comenzaremos a adornar os nosos fogares con ambiente navideño.
Por iso dende a parroquia querémosvos convidar ao I Concurso de beléns.
Se queres participar, podes facelo dunha forma moi sinxela. Tan só tes que enviarnos un correo á nosa dirección: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. , indicando no mesmo o teu nome e apelidos, o curso catequético, o nome da túa catequista e como non, a foto do teu belén.

Aquí tes un exemplo:

Nome: O teu nome e apelidos

Curso: Curso de catequese.

Catequista: Nome da catequista.

Foto:

Belén da parroquia no pasado Nadal

Xa sabes, a que estás a esperar. Participa xa! agárdate unha sorpresa.

Leer más ...

Comenza o Advento 2009

Este domingo 29 de novembro comenza o Advento, un tempo de preparación e oración para chegar coas pilas cargadas ao Nadal, e estar espertos e atentos ao Nacemento de Xesús.

Podedes descargar esta presentación do Evanxeo deste domingo:
{slideshare}[slideshare id=2622102&doc=adventoi-091201043858-phpapp01]{/slideshare}

Recordade, que os pais dos nenos de 3º de Primaria, este xoves, 3 de decembro ás 20:30h. teredes unha reunión na parroquia. Avisade se non podedes estar presentes.

Estade atentos aos avisos do domingo pois haberá algunha sorpresa para estas datas. Informaremos máis adiante.

Leer más ...

Cáritas: Día dos sen teito 2009

O domingo día 22 de novembro, Cáritas inicia a campaña do día dos sen teito 2009:

A esperanza que temos en que todo ser humano poida desenvolverse en plenitude, en igualdade de oportunidades, podendo acceder aos dereitos sociais, económicos, culturais, ... vénnos da loita diaria que pola xustiza, a igualdade de oportunidades, a solidariedade, ... están a levar a cabo tantos homes e mulleres no noso país. Uns, chamados "os excluídos" ou "persoas en situación de exclusión", e outros, voluntarios e contratados que acompañan, e son acompañados, polos primeiros.
Un ano máis, sen perder a forza e apostando contundentemente por iso, seguimos creando un espazo de reflexión, de debate e de denuncia coa Campaña do día dos sen Teito 2009.

Se queres máis información preme na imaxe.

 

 

 

 


Todas as persoas interesadas en colaborar con Cáritas interparroquial de Arousa, poden facelo na seguinte conta bancaria:

Conta de Cáritas

 

 Moitas grazas.

Leer más ...
Suscribirse a este canal RSS