×

Advertencia

JUser: :_load: No se ha podido cargar al usuario con 'ID': 944

"Non podemos quedarnos enclaustrados na parroquia, na nosa comunidade, cando tantas persoas están esperando o Evanxeo"  Papa Francisco.

Xubileu Basílica Sta. María a Maior

O 4 de xullo, moitos fregueses da parroquia, xunto co coro e o grupo de baile e gaitas, fomos a Pontevedra, á Basílica de Santa María a Maior, que cumpre nada máis e nada menos que 1.000 anos. Coa intención de gañar o xubileu, a nosa Virxe da Xunqueira tamén nos acompañou; era a primeira vez que deixaba o noso templo, pero o motivo pagaba a pena. Fomos recibidos por Don Jaime Vaamonde e os seus fregueses dunha forma excepcional. Podedes ver algunhas imaxes de como foi a preparación e o encontro deste día tan especial na galería ou na páxina da pastoral de Santiago.

Grazas a todos os que colaborastes para que este fose un día inesquecible.

Deixámosvos este poema que se leu no descurso de benvida:

O peso dun Sí

Se a nota dixese:

Unha nota non fai melodía,

non habería sinfonía.

Se a palabra dixese:

unha palabra non pode facer unha páxina...

non habería libro.

Se a pedra dixese:

unha pedra non pode levantar unha parede...

non habería casa.

Se a gota de auga dixese:

unha gota de auga non pode encher un río....

non habería océano.

Se o home dixese:

un aceno de amor non pode salvar a humanidade.....

nunca habería xustiza, nin paz, nin dignidade,

nin felicidade sobre a terra dos homes.


Michel Quoist

Leer más ...
Suscribirse a este canal RSS