"Non podemos quedarnos enclaustrados na parroquia, na nosa comunidade, cando tantas persoas están esperando o Evanxeo"  Papa Francisco.

http://www.axunqueira.com/modules/mod_image_show_gk4/cache/xunqmarco_advento2017gk-is-145.jpglink
http://www.axunqueira.com/modules/mod_image_show_gk4/cache/xunqmarco_pascua2018gk-is-145.jpglink
http://www.axunqueira.com/modules/mod_image_show_gk4/cache/headers.festa_musicagk-is-145.jpglink
http://www.axunqueira.com/modules/mod_image_show_gk4/cache/headers.xunqmarco_bailegk-is-145.jpglink
http://www.axunqueira.com/modules/mod_image_show_gk4/cache/headers.xunqmarcogk-is-145.jpglink

Curriculum

 

Na actualidade o grupo está formado por unhas 40 personas de idades comprendidas entre os 4 e os 60 anos, e repartidas en tres subgrupos, reunidos por idades.

    As actuacións das que foi partícipe a agrupación repártense por toda a comunidade, dende celebracións de festas patronais, participacións en festivais musicais, amenizando as procesións, ademais de outras diversas celebracións coma bodas ou despedidas de buques-cruceiros .

   Tamén colabora en festivais benéficos organizados por asociacións sen ánimo de lucro, festivais folclóricos ou festivais celebrados en centros culturais.

    Ademais destas actuacións citadas con anterioridade, o grupo acode en representación do concello, a cidades como Santa Eulária des Riu en Ibiza, ou tamén a mostras do viño ou gastronómicas,  a eventos de interese turístico internacional, coma a Romaría Vikinga, en Catoira ou as festas de San Roque en Vilagarcía de Arousa e tamén en recepción oficiais como á dos campións do mundo 2009 de vela en clase platú ou no open nacional snipe 2011.

recepcioncampionsdomundo

    A continuación pasamos a falar do repertorio musical e de bailes que podemos ver e escoitar nunha actuación deste grupo. Facendo referencia ó repertorio musical, o grupo interpreta tódolos tipos de pezas musicais propias da nosa cultura: xotas, muiñeiras, pasodobres, polcas, foliadas, mazurcas ... etc. En canto á escolma de bailes, represéntanse diferentes muiñeiras, xotas e demais bailes, escollendo os puntos máis enxebres da nosa comunidade. Ademais destas pezas musicais e dos bailes, os membros do grupo acompañan coas súas voces as pezas musicais máis coñecidas pólo público, facéndoo partícipe da festa.

   Dende hai varios anos, os mestres encargados desta agrupación son Carmela e Jose, que levan os grupos de baile e gaita, respectivamente, e ós que adican parte do seu tempo de lecer, incluíndo días festivos e fins de semana

irene560
 
 
Video: Actuación en Ibiza 2008