"Non podemos quedarnos enclaustrados na parroquia, na nosa comunidade, cando tantas persoas están esperando o Evanxeo"  Papa Francisco.

http://www.axunqueira.com/modules/mod_image_show_gk4/cache/xunqmarco_advento2017gk-is-145.jpglink
http://www.axunqueira.com/modules/mod_image_show_gk4/cache/xunqmarco_pascua2018gk-is-145.jpglink
http://www.axunqueira.com/modules/mod_image_show_gk4/cache/headers.festa_musicagk-is-145.jpglink
http://www.axunqueira.com/modules/mod_image_show_gk4/cache/headers.xunqmarco_bailegk-is-145.jpglink
http://www.axunqueira.com/modules/mod_image_show_gk4/cache/headers.xunqmarcogk-is-145.jpglink

Asociación Cultural Novas (24)

XI Xornadas de Fe-Cultura

Os días 19, 20 e 21 de novembro ás 20:30h. no Obradoiro Cultural da parroquia de A Nosa Señora da Xunqueira de Vilagarcía de Arousa, terán lugar as XI Xornadas de Fe-Cultura.

XI Xornadas fe cultura 2014Os ponentes deste ano son: 

- Mércores 19:    ¿O Cristianismo ten futuro? Socioloxía da realidade galega.
                                   D. Luis Cuntis Docampo, Licenciado en Historia e Sociólogo.
 
- Xoves 20:       Curando feridas e abrindo camiños: Desafios actuais na parexa.
                                 D. Luis Manuel García Bernadal, Doutor en Teoloxía.

- Venres 21:      Estilo e Programa do Papa Francisco á luz de Evangelii Gaudium.
                                 D. Manuel Longa Pérez, Doutor en Filosofía.
                      
  
A Igrexa «en saída» é unha Igrexa coas portas abertas. Saír cara aos demais para chegar ás periferias humanas non implica correr cara ao mundo sen rumbo e sen sentido. Moitas veces é máis ben deter o paso, deixar de lado a ansiedade para mirar aos ollos e escoitar, ou renunciar ás urxencias para acompañar ao que quedou ao costado do camiño. Ás veces é como o pai do fillo pródigo, que queda coas portas abertas para que, cando regrese, poida entrar sen dificultade.

Evangelii Gaudium
Papa Francisco.

 

 XI Xornadas fe cultura 2014 a

XI Xornadas fe cultura 2014 a

Ven e verás!

GRAZAS DE ANTEMÁN POR COLABORAR E PARTICIPAR NAS NOSAS ACTIVIDADES.

X Xornadas de Fe-Cultura

Os días 20, 21 e 22 de novembro ás 20:30h. no Obradoiro Cultural da parroquia de A Nosa Señora da Xunqueira de Vilagarcía de Arousa, terán lugar as X Xornadas de Fe-Cultura.

Os ponentes deste ano son: 

- Mércores 20:  Crer para vivir. Camiños de ida e volta!
                                  D. Andrós Iglesias Márquez. Diácono e mago.

- Xoves 21:        Crer para amar. En que Deus cremos? Novas linguaxes! Novos retos!
                                 D. Miguel López Varela, Doutor en Teoloxía Catequética e Pastoral.

- Venres 22:      Crer para esperar. Para que serve un Sínodo? Removendo as augas e conectados!
                                 D. Rafael Casás Salgado, Licenciado en filoloxía clásica e diácono permanente.
                      
  
A pregunta fundamental de cada home é a seguinte: Como se chega a ser home? Como se aprende a arte de vivir? Cal é o camiño da felicidade? Evanxelizar significa amosar este camiño, ensinar a arte de vivir. Xesús di ao comezo da súa vida pública: “Vin para evanxelizar aos pobres” (Lc 4, 18). Isto quere dicir: “Eu teño a resposta á vosa pregunta fundamental; eu amósovos o camiño da vida, o camiño da felicidade. Máis aínda, Eu son ese camiño... (Eu son) o Evanxeo, a boa nova en persoa.

Joseph Ratzinger.

Ven e verás!

GRAZAS DE ANTEMÁN POR COLABORAR E PARTICIPAR NAS NOSAS ACTIVIDADES.

Charla sobre a diabete

A farmacia Rolán, en colaboración coa asociación cultural da parroquia, ofrécenos a posibilidade de asistir o luns 29 de abril ás 20:00h. a unha charla sobre a diabete.
A ponente será Luz Iglesias.

Suscribirse a este canal RSS