×

Advertencia

JUser: :_load: No se ha podido cargar al usuario con 'ID': 944

"Non podemos quedarnos enclaustrados na parroquia, na nosa comunidade, cando tantas persoas están esperando o Evanxeo"  Papa Francisco.

X Xornadas de Fe-Cultura Destacado

Os días 20, 21 e 22 de novembro ás 20:30h. no Obradoiro Cultural da parroquia de A Nosa Señora da Xunqueira de Vilagarcía de Arousa, terán lugar as X Xornadas de Fe-Cultura.

Os ponentes deste ano son: 

- Mércores 20:  Crer para vivir. Camiños de ida e volta!
                                  D. Andrós Iglesias Márquez. Diácono e mago.

- Xoves 21:        Crer para amar. En que Deus cremos? Novas linguaxes! Novos retos!
                                 D. Miguel López Varela, Doutor en Teoloxía Catequética e Pastoral.

- Venres 22:      Crer para esperar. Para que serve un Sínodo? Removendo as augas e conectados!
                                 D. Rafael Casás Salgado, Licenciado en filoloxía clásica e diácono permanente.
                      
  
A pregunta fundamental de cada home é a seguinte: Como se chega a ser home? Como se aprende a arte de vivir? Cal é o camiño da felicidade? Evanxelizar significa amosar este camiño, ensinar a arte de vivir. Xesús di ao comezo da súa vida pública: “Vin para evanxelizar aos pobres” (Lc 4, 18). Isto quere dicir: “Eu teño a resposta á vosa pregunta fundamental; eu amósovos o camiño da vida, o camiño da felicidade. Máis aínda, Eu son ese camiño... (Eu son) o Evanxeo, a boa nova en persoa.

Joseph Ratzinger.

Ven e verás!

GRAZAS DE ANTEMÁN POR COLABORAR E PARTICIPAR NAS NOSAS ACTIVIDADES.

Modificado por última vez enViernes, 14 Noviembre 2014 00:10
Más en esta categoría: Actividades Asociación Cultural »

Strict Standards: Only variables should be assigned by reference in /web/htdocs/www.axunqueira.com/home/templates/gk_publisher/html/com_k2/templates/default/item.php on line 474
volver arriba