×

Advertencia

JUser: :_load: No se ha podido cargar al usuario con 'ID': 944

"Non podemos quedarnos enclaustrados na parroquia, na nosa comunidade, cando tantas persoas están esperando o Evanxeo"  Papa Francisco.

Asociación Cultural Novas (24)

Magosto 2009

O sábado día 21 de novembro ás 19:30h. teremos unha misa e logo no obradoiro terá lugar o Magosto parroquial coa actuación do grupo de Baile e Gaitas da parroquia. Despois a cantar e a bailar mentres saboreamos as ricas castañas. Estades todos convidados.

Magosto
 Xa podedes ver as imaxes tomadas no Magosto parroquial 2009 na galería.

Mago Martín

O venres 16 de outubro tivemos a sorte de contar co Mago Martín no noso Obradoiro para a inauguración do curso cultural 2009-2010.
Presentounos algúns dos números que realiza no seu espectáculo "A outra realidade".
Grandes e pequenos desfrutamos de máis dunha hora de maxia e ilusionismo da man deste gran mago e amigo.

Carta dedicada a nosa parroquia

 Preme na carta para ver a galería.

Encontros Ibiza - Xunqueira

Despois de que o grupo de baile e gaitas parroquial estivera en Ibiza do 5 ao 8 de setembro de 2008, representando ao concello de Vilagarcia de Arousa e mostrando o folclore da nosa terra nas festas de Jesus (no municipio de Santa Eulària des Riu), este ano tocoulle ao grupo "Sa Colla de l´Horta" visitar a nosa parroquia para mostrar o folclore ibicenco.

Grazas ao esforzo do do noso grupo de baile e gaitas, da nosa asociación cultural e da concellaría de Cultura do concello de Vilagarcía de Arousa, os nosos amigos de Ibiza desfrutaron os días 22, 23 e 24 de agosto das festas, da gastronomía e da hospitalidade dos vilagarciáns.

Podedes ver algunhas das imaxes dos encontros na galeria.

Suscribirse a este canal RSS